1.10.08

Clube de Rol en Compostela

Seica o vindeiro 4 de Outubro (este sábado) ponse en marcha o clube de rol do Ensanche compostelano. Haberá un acto de presentación a partires das 17h no que, entre refrixerios de benvida e entrega de carnés por parte do concelleiro, visionarase o Episodio IV de Star Wars.

Mágoa de non poder asistir por mor do vodorrio de Lorena, en Narón.

De tódolos xeitos hei estar ao tanto do que se faga neste clube. Polo dagora vexo que van ter varios torneos de Wargames, o 11 (de Warhammer Fantasy) e o 25 de Outubro (de Infinity). Agardo que tamén se vexan pronto actividades de rol e de rol en vivo.

E agardo que este clube funcione e que teña cabida e diversión para todos.

2 comentarios:

Nacho dijo...

pois que teñan moita sorte, a ver si dura...
Un saúdo.

O Breogán de Gáidil dijo...

Eu con tal de non ter que saír morto de noxo, repugnancia e vergoña allea confórmome.