10.10.07

"Sé razoable: pide o imposible"

Seica esa era unha das pintadas que locían ao longo de París cando os estudantes se puxeron a esixir dereitos, andrómenas e nonseiquemáis.


En fin, xa é de todos sabido que "As Crónicas de Gáidil" foi un agasallo que levaron para as súas casas os participantes do rol en vivo Irmandiños: a Revolta, detalle da Dirección Xeral de Xuventude. Nós enterámonos o domingo á tarde gracias a "Buliwyf" Neves e por Curudae.
A nova pillounos bastante de sorpresa, a verdade. Ao principio non sabiamos moi ben qué cara poñer, pero logo de falar entre nós e tamén con varios colegas, chegamos á conclusión de que o primeiro paso do noso Plan Mestre para subir ao Olimpo do Rol e sentarmos xunto aos Grandes, xente coma Gary, Dave, Greg, Sandy, Mark, Monte, Agis ou Trukulo (entre outros), estaba dado. Como dixo Amra esa mesma noite de domingo; "daste conta que neste momento pode haber 20 ou 30 chavales devorando Gáidil na súa casa?".
O xogo xa está espallado, hai xente que está preparando partidas para esta fin de semana e xa é unha realidade en moitas mans.

Agora queda agardar a que a distribuidora e a editorial reaccionen dunha vez (levamos insistindo en que os carteis promocionais deberían estar colocados nas tendas dende o verán, pero vese que a cousa vai con calma). O libro tamén debería, pero en fin... nós tan só escribimos o libro e nos adicamos a promocionalo como ben puidemos; Víctor o ilustrou como só nos nosos soños máis húmidos podiamos imaxinar... eso xa está feito, todo o demais está en múltiples mans que non son as nosas.
Agardando que a promoción do libro siga o seu curso, o vindeiro sería comezar a pasar polas tendas tan pronto coma o libro estea á venda e montar algún tipo de evento pequeno con partidas, ou participar nalgúns Encontros. Xa se verá.
Polo de pronto aí vos poño o que se supón será o cartel de promoción. A ver cando o vexo colgado nalgures.

PS: Mañá será a festa dos 20 anos de Kómic na Sala Nasa. A verdade foi unha sorte que Pío tivera a idea de montar algo así, pois foi a nosa fonte de subministracións durante dúas décadas. Agora hai máis tendas en Compostela e parece que cada unha ten a súa parcela de mercado, pero nun tempo onde o árido deserto estaba na cidade da choiva, Kómic foi o reduto do vicio.
PS2: Comentáronme que o sábado hai a festa de Irmandiños. Sendo tanto Jan máis eu veteráns dos Fonseca, tentaremos pasarnos para saudar a vellos compañeiros de armas e inimigos.
PS3: Para poñer todo a andar un pouco montamos este grupo yahoo. É algo típico e moi útil para calqueira xogo que se precie. E para nós Gáidil é moi prezado.

5 comentarios:

Javi dijo...

Ola a todos.

Primeiro voume presentar. Son un xogador de rol afeccionado que apenas leva 3 anos niste mundo dos dados.
Cheguei a esta web a través do enlace que viña nas primeiras páxinas de "As crónicas de Gaidil" e escribo para da-la noraboa os creadores do xogo, que obtiven en Irmandiños: A revolta, por dar un exemplar a cada participante e por facer un xogo de rol tan accesible. Penso que está moi ben o mundo creado e o sistema en xeral, e espero que o proxecto saia adiante.

Un saúdo, Javi.

O Breogán de Gáidil dijo...

Moitas gracias, Javi. Agardamos que o xogo vaia alén do manual básico e que poidamos sacar máis ideas e suplementos para completar o mundo (xa publicadas, xa por medio desta web e do grupo yahoo).

De novo gracias polo teu comentario, e que desfrutes do xogo. Línkoche o teu blog.

Saúdos.

Santiago Bergantinhos dijo...

Eu xa encarreguei o meu.

E tende coidado non vos vaian sair por aí xentalla como esta:

http://www.youtube.com/watch?v=JJ9HkmNpsNU

que mesmo poder querer instrumentalizar a vosa arte. Non sabía que existía xente así, e ben podía viver sen sabelo.

moucho branco dijo...

Buenoooo, vexo que a cousa apunta a un fenómeno de masas no mundo civilizado (ou sexa, o da jevachada e o frikerio). Alégrome ben; a imaxinación ao poder! (por seguir coa nota parisina)

O Breogán de Gáidil dijo...

Dios qué medo Santi... ten que haber de todo.
Moucho, vente a tocar por Compostela, hom!

Graciñas aos dous!