26.9.07

Escomeza a Aventura

Xa temos confirmación de que o xogo estará nas rúas como novidade de Outubro, agardemos que antes do 10 dese mes, e que a distribuidora que se encargará de espallar o noso soño polo mundo enteiro será Consorcio Editorial Galego. Tamén nos confirmaron que o prezo do libro será de 18 euros, que non está mal para un 120 páxinas en tapa mole tal e como está o mundo do rol hoxe por hoxe.

Esta publicación coincide no tempo coa segunda edición do rol en vivo Irmandiños: A Revolta os días 5, 6 e 7, co que podemos afirmar que Outubro do 2007 será unha festa do rol en toda Galicia.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

POR FIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIN! Mágoa non poder ir aos Irmandiños...Non se pode chegar a vello!!!

paideleo dijo...

Sorte co libro e graciñas por felicitar ó Leo.