Sábese onde se comeza... que Lugh dirá onde se remata.
Hai uns once anos xa, comecei unha pequena aventura: crear un xogo de Rol baseado nos Mundos Soñados por Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole... O seu nome sería Terra Cógnita.
Os estudos e outras cousas propias da idade fomentaron que este proxecto avanzase con tal lentitude que, a piques de rematar a carreira, anos despois, presenteillo a un bo amigo para que me dese a súa opinión.
El, tamén xogador de rol "de vello" e tamén deseñador amateur de xogos, sentíuse atraído pola idea dun xogo enteiramente en Galego, cunha temática próxima ó xogador galego... un xogo no que sentirse na casa.
Diversas aventuras por parte de ambos (dende ir de mestre ós Ancares ou acabar patrullando o Mediterráneo coma mercenario) ralentizaron o proxecto, que permaneceu hibernado uns anos.
Pero, de novo, retomámolo e nun derradeiro empurrón o botamos cara adiante (non con pouco esforzo e paciencia por parte dos nosos amigos e, sobor de todo,das nosas parellas).
O que ía ser Terra Cógnita evolucionou dunha ambientación na Galiza do antigo réxime, onde as gaitas de pedra se xuntaban cos menciñeiros, os lobos e os feirantes, a unha ambientación pseudohistórica... un Mundo (Gáidil), moi parecido á vella europa da Idade do Bronce, onde se atopan as Terras da Gael-leach, a nosa visión idealizada dunha Galiza Heróica.
A este proxecto puxémoslle por nome As Crónicas de Gáidil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario