14.2.06

Para que limos tanto se logo inventamos cáseque todo?

Durante varios anos, ó redor de 7-8, tanto o co-autor (dende agora Amra) coma min revisamos e limos ducias de libros de temática celta e da historia castrexa de Galiza.

Todo o que caía nas nosas mans era vítima de reciclaxe e asimilado para As Crónicas. De todo o que era asimilado, o que valía perduraba e, o que non, era almacenado (que non eliminado).

Moito do que collimos viña da serie Keltia de Toxosoutos; tamén dalgúns escritos de Ramón Sainero en canto a ensaio histórico e, agradecéndoo moito, de Suso de Toro (O País da Brétema e Morgún) e da obra da miña devoción O Brindo de Ouro de Xesús Manuel Marcos.

Estas últimas dúas obras (Morgún e O Brindo de Ouro, que poden ser consideradas boas, malas ou regulares, ... non entramos na calidade, senón nos gustos), reflicten con bastante acerto o mundo de Gáidil. Persoalmente as recomendo, como podería recomendar a obra de Robert E. Howard para xogar a Runequest Glorantha, ou as obras de Tolkien para xogar a Rolemaster.
Está claro que, unha vez les certas obras ou ves certos filmes, a visión que tes dun xogo de rol pode cambiar.

A nosa visión de Gáidil mudou (para ben) unha vez limos estes dous libros, pois entendimos que había unha serie de xente, alén dos nosos amigos, que non tiña por que buscar dragóns, cabaleiros ou castelos para facer Fantasía en Galego: chegaba cos castros, coas espadas de anteas e coas frías noites do Samaín que todos coñecemos para introducirnos nun mundo fantástico e propio.

Un mundo de Fantasía que é galego de seu.

2 comentarios:

acedre dijo...

Ten boa pinta o xogo e da literatura sempre se tira inspiracion e ideas.
Un saudo e animo.

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas Acedre.

Sempre é bo ter en que basearse, sobor de todo no Rol... ter que explicar todo dende cero é unha experiencia da que poucos xogos de rol sobreviven.